jueves, 6 de febrero de 2020

martes, 19 de noviembre de 2019

Filosofía e Cultura Científica unidas pola radio
















A través do proxecto eTwinning, unha plataforma de colaboración entre docentes de toda Europa, publicamos o noso proxecto de "Pílulas do Saber" dando a coñecer o programa de radio sobre
divulgación científica que desde o IES Leiras Pulpeiro, estábamos a preparar. Un programa de radio, realizado desde a materia de 1º de Bacharelato de Cultura Científica neste curso 2019-2020 e coordinado pola profesora Cristina Gómez. Buscábamos colaboración con outros centros, e foi a profesora Luciana Ferrero, do IES Alfredo Kraus de Madrid, quen contactou con nós.


Así nace este proxecto colaborativo que acabamos de arrincar, de momento co intercambio de programas de radio sobre ciencia que facemos desde  a materia de Cultura Científica de 1º Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro e desde a materia de Filosofía de 1º de Bacharelato do IES Alfredo Kraus.

Aquí deixamos os diálogos radiofónicos entre filósofos sobre ciencia que nos pasan os nosos colegas do IES Alfredo Kraus:

- Diálogo Copérnico e Aristóteles
- Entrevista Galileo e Aristóteles  

Agardamos que outros centros pronto poidan colaborar con nós e así ampliemos a familia da divulgación científica, a través das ondas de radio.




lunes, 4 de noviembre de 2019

1x1: A Serendipia na Ciencia.

Damos comezo a un novo programa de RadioLeiras adicado a difundir a Cultura Científica polas ondas, titulado: PÍLULAS DO SABER. 

Este programa coordinado pola profesora Cristina Gómez, e coa axuda estimable do profesor Xabier Díaz, como técnico de son, está elaborado polos alumnos/as de 1º Bacharelato que cursan este ano 2019-2020, a materia de Cultura Científica.

Sen máis, convidámosvos a que escoitedes este primeiro programa agardando as vosas suxerencias e comentarios. Agardamos que vos guste. Pincha aquí :)




1x2: A Fraude na Ciencia.

Nesta ocasión presentámosvos o segundo programa desta serie de Pílulas do Saber , adicado á Fraude na Ciencia ...agardamos que vos gus...